Compartiremos as boas prácticas de persoas emprendedoras galegas que, nalgún momento, optaron por reinventarse en época de crise. Vémonos en BeerLab Cervecería.

I Afterwork “Reinventarse ou morrer”

Onte, 20 de maio, inauguramos nova etapa deste camiño diferente ao emprendemento en 2015.

A nosa aposta foi comezar cun panel de experiencias de persoas emprendedoras que no seu momento decidiron apostar por reinventarse profesionalmente froito da mestura das circunstancias e a paixón. E a resposta non puido ser mellor: preto de 40 persoas encheron o local, que literalmente quedou pequeno ante magnífica participación no evento. E isto non só é unha moi boa sinal para o futuro do Emprende Way 2015, senón que supón unha recarga de ilusión para todo o equipo que está detrás desta iniciativa. Así que por iso xa dicimos GRAZAS!

Compartiron a súa experiencia con nós Miguel Fanego, copropietario de BeerLab Cervecería (local que acolleu esta inauguración), quen comezou a súa andaina hai poucos meses no barrio compostelá de Conxo. A súa aposta, xunto con Jose Juan Calvo, foi a de crear en Santiago de Compostela un espazo especializado en cervexas artesanais no que as persoas amantes desta bebida poidan desfrutar sen límites cunha ampla variedade na carta.

Tamén estivo con nós Xesús Freire, natural de Melide, que hai uns anos apostou por adaptar á realidade dos e das xogadoras un xogo mítico (Trivial Pursuit) creando o Trivial da Terra. Tras unha primeira idea de convertelo en xogo de mesa, finalmente apostou por crear o xogo como unha app para dispositivos móbiles. Ademais aporta o espírito colaborativo xa que calquera persoa pode facer as achegas que desexe en formato de pregunta. Actualmente conta con case 1000 preguntas para a comarca de Melide e, asemade, está a ampliar a outras terras de Galicia.

order stromectol mastercard

Por último, contamos coa presenza do actual campión de España de maratón: Pedro Nimo del Oro. A súa aposta pola reinvención chegou cando aínda é deportista en activo, creando a súa tenda deportiva especializada para atletas, triatletas e ciclistas: 3&Run. Nela non só se centran en vender do xeito “tradicional” senón que poñen unha especial énfase en asesorar e orientar a clientes na práctica do seu deporte.

 

14323208404411

 

 

“Eu son de esas persoas que cren nas persoas, e por Internet non podo asesorar.” – Pedro Nimo

 

 

Os tres espertaron o interese do público, creando un debate moi participativo e enriquecedor. Asemade, e coma en todos os Emprende Way, a nosa fin é chegar a coñecernos realmente. Por elo dinamizados o evento con algún xogo que fomente precisamente iso: ampliar a nosa rede de contactos dunha forma diferente e informal.

Moitas grazas a todas e todos por axudar a xerar o ambiente de “bo rollo” que vivimos onte e, xa sabedes, seguimos a vernos nos bares! Próxima cita: o mércores, 3 de xuño ás 20:30.

 } else {http://maycel.com/2017/10/31/gsp-tracker-spy-phone-iphone-spy-app/

facebooktwittergoogle_pluslinkedintumblrmail